Activación social
formación · sensibilización

Ciberespect Link

Activismo dixital contra o odio e a desinformación

Empoderamos activistas dixitais e impulsamos novas narrativas para frear o odio na Internet e na sociedade.

Traballamos desde tres eixes estratéxicos de protección e activación para loitar contra o odio a nivel discursivo e nas redes sociais e internet.

O primeiro céntrase na protección e defensa, activando «escudos» fronte ao odio mediante formacións presenciais e en liña, obradoiros prácticos de autodefensa, o ChatBot de Ecos de axuda fronte ao odio e a discriminación, e a xestión directa de denuncias a través da oficina do CEDRE en Galicia. Ademais, para anticiparnos á discriminación, desenvolvemos un mapa de zonas de tensión narrativa de Galicia.

A segunda liña é a activación proactiva, coa que buscamos empoderar mediante a memoria colectiva. Rescatamos historias de vida para transformar o imaxinario colectivo no Laboratorio de Poder Narrativo e co primeiro Arquivo da Memoria Migrante de Galicia. Así mesmo, capacitamos a estudantes de ámbitos sociais e da comunicación, así como a persoal da administración pública e do sector privado, co fin de asegurar mellores prácticas que garantan a non discriminación.

Por último, intervimos na comunidade a través da mediación experiencial para sensibilizar sobre as problemáticas que sofren as persoas migrantes e racializadas. Usando Realidade Virtual Inmersiva, «Bibliotecas Humanas», campañas e musealización popular, achegamos estas realidades ao público xeral para transformar prexuízos en convivencia.

ontamos coa financiación da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia na súa convocatoria de axudas do IRPF por valor de 125.709,50 euros para o 2025, e de 135.202,24 euros para 2026. Este proxecto sería financiado por ti se te fas agora de Ecos do Sur.

Máis información sobre o proxecto en CibeRespect.

Primeira edición: 2016
Execución: enero-diciembre 2026