Mellora da capacitación grazas ás TICs
O proxecto busca mellorar a formación no eido tecnolóxico para procurar emprego.
Nun contexto onde o coñecemento da lingua e as ferramentas tecnolóxicas son clave para acceder ao emprego e aos servizos básicos, Aulas Eco-Dixitais promove unha formación integral nestes eidos, que combina a aprendizaxe de idiomas, a alfabetización dixital e o coñecemento do entorno sociocultural do país de acollida. O obxectivo é fortalecer as capacidades dos participantes para promover a súa inclusión social e profesional.
En concreto, o proxecto busca mellorar as competencias en galego, castelán e inglés; facilitar o coñecemento dos valores da sociedade de acollida e promover a alfabetización dixital e o uso das TICs. Compleméntase con módulos sobre a cultura e os costumes da sociedade de acollida, así como orientación sobre o acceso a servizos públicos como a sanidade, a educación e os servizos sociais.
En definitiva, Aulas Eco-dixitais é unha aposta pola igualdade de oportunidades, a autonomía persoal e a integración a través do coñecemento, a tecnoloxía e a participación.
Está financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia con 10.692,70 €, dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral con fins sociais, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do Imposto sobre Sociedades para o ano 2024.
Podes apoiar este e outros proxectos asociándote a Ecos do Sur.
Primeira edición: 2024
Execución: 2025
