Integración xurídica e inclusión sociolaboral das persoas migrantes
Servizo de información e asesoramento técnico especializado en materia de inmigración
Esta iniciativa xorde da necesidade dos emigrantes dunha integración completa na sociedade de acollida que garanta os dereitos esenciais. O obxectivo principal é a plena integración xurídica e sociolaboral deste colectivo, con especial atención ás diferenzas entre mulleres e homes, así como doutros colectivos especialmente vulnerables. Facémolo cunha atención personalizada aos casos e perspectiva transversal de xénero en todas as fases da intervención.
Informamos e asesoramos sobre os distintos trámites administrativos e achegamos ferramentas que facilitan o empoderamento e a autonomía. Por outra banda, reducimos os atrancos e dificultades administrativas que experimentan os estranxeiros nestes trámites con itinerarios personalizados de inserción laboral.
Facilitamos o acceso aos dereitos mediante defensa xurídica, resposta a requirimentos, modificacións e, se é o caso, medios administrativos para a súa reposición ou recurso. Tamén favorecemos o acceso a servizos telemáticos de atención e tramitación. Todo isto unido ao apoio e mediación laboral e migratoria a empresas, consultorías, axencias e organismos públicos ou privados que demandan asesoramento.
Este proxecto conta cunha subvención de 42.312 euros concedidos pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta. Este proxecto tamén sería financiado por ti se te unes a Ecos do Sur.
Primeira edición: 2018
Execución: 2023-2025