Creando redes de apoio con mulleres que van a ser nais ou teñen menores de tres anos
Promovemos a formación e inserción laboral
En Ecos do Sur cremos no poder do acompañamento. Sabemos que ser muller, migrante e nai non é nada doado. Por iso, o noso obxectivo é acompañarte no camiño do embarazo e da crianza, axudándote a buscar traballo e, se fose necesario, a contar con opcións reais de conciliación para menores de tres anos.
Este proxecto baséase en facilitar ás nais (ou mulleres que van selo) o acceso ao emprego e aos recursos que precisan a través dunha serie de servizos de asesoramento, tanto xurídico, como social, sanitario e/ou psicolóxico; así como formación para o emprego, en novas tecnoloxías e/ou sobre embarazo e maternidade.
Queremos que te sintas acompañada. Por iso, tamén fomentamos redes de apoio entre mulleres a través de obradoiros grupais onde se impulsa a economía circular con produtos de puericultura (carriños, berces, roupa, etc.), compartindo recursos e experiencias con outras mulleres.
Esta iniciativa conta cunha financiación de arredor de 40.000 € da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia para o ano 2024. Ti tamén podes axudarnos formando parte da Asociación. Únete a Ecos do Sur!
Primeira edición: 2010
Edición actual: 2024