Formación e emprego
emprego · mujeres

Apoio a nais

Creando redes de apoio con mulleres que van a ser nais ou teñen menores de tres anos

Promovemos a formación e inserción laboral

En Ecos do Sur cremos no poder do acompañamento. Sabemos que ser muller, migrante e nai non é nada doado. Por iso, o noso obxectivo é acompañarte no camiño do embarazo e da crianza, axudándote a buscar traballo e, se fose necesario, a contar con opcións reais de conciliación para menores de tres anos.

Este proxecto baséase en facilitar ás nais (ou mulleres que van selo) o acceso ao emprego e aos recursos que precisan a través dunha serie de servizos de asesoramento, tanto xurídico, como social, sanitario e/ou psicolóxico; así como formación para o emprego, en novas tecnoloxías e/ou sobre embarazo e maternidade.

Queremos que te sintas acompañada. Por iso, tamén fomentamos redes de apoio entre mulleres a través de obradoiros grupais onde se impulsa a economía circular con produtos de puericultura (carriños, berces, roupa, etc.), compartindo recursos e experiencias con outras mulleres.

Esta iniciativa está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, con cofinanciación do FSE+ da Unión Europea, con 40.000 € para o ano 2024 e 39.827,38 € para 2025.

Ti tamén podes axudarnos con estos proxectos formando parte da Asociación. Únete a Ecos do Sur! 


Primeira edición: 2010
Edición actual: 2025