Intervención intercultural para a convivencia inclusiva
Mediación para a convivencia constructiva e transformadora entre persoas de diferentes culturas.
A través de intervencións de mediación baseadas nos principios da interculturalidade, este proxecto contribúe á inclusión social das persoas migrantes, á cohesión social e á construcción dunha nova realidade social compartida.
Melloramos o coñecemento da poboación migrada sobre como funciona a súa nova contorna social en Galicia. Aprenden cáles son os seus dereitos esenciais e os recursos á súa disposición. Isto minimiza a vulnerabilidade psicosocial que se pode sufrir no proceso migratorio.
Apoiamos e acompañamos ás personas aos recursos públicos e privados promovendo a súa autonomía, así como apoiamos tamén aos diferentes profesionais e institucións nas respostas ante contextos de diversidade cultural con barreiras como o idioma ou códigos culturais distintos.
Finalmente, tratamos de fortalecer espazos de diálogo participativo que promovan relacións positivas entre a ciudadanía e contribúan á convivencia intercultural.
Esta iniciativa conta co apoio da Consellería de Política Social de la Xunta de Galicia e está cofinanciada polo programa FSE+ da Unión Europea cunha dotación de 23.109,12 € para 2025, 39.628,80 € para 2026 e 16.519,68 € para 2027.
Faite de Ecos do Sur e contribúe ti tamén a seguirmos con este proxecto. Asóciate!
Primeira edición: 2017
Edición actual: 2025 – 2027
