Asistencia e protección a vítimas de trata de seres humanos
Acompañámolas de xeito individualizado e adaptado á situación de cada unha
En Ecos do Sur ofrecemos atención social integral que acompaña as persoas na súa plena integración, tanto social como laboral. Dende Afrodita, centramos o noso traballo en mulleres migrantes vítimas de explotación sexual y trata de seres humanos, en calquera das fases nas que se atopen.
Acompañámolas de maneira personalizada e próxima a través dunha valoración e un diagnóstico social individualizado e personalizado.
Son acompañadas por traballadoras sociais, mediadoras interculturais, psicólogas, avogadas e contan con acompañamento social, sociosanitario e laboral, cunha mirada posta no seu benestar e autonomía.
Dende unha metodoloxía innovadora e multicanle, buscamos ofrecer respostas flexibles e adaptadas ás mulleres, enfocadas no asesoramento para acadar a independencia de cada unha.
Esta iniciativa conta cun financiamento, para o ano 2025, de 48.873,37€ de la Consellería de Política Social e Igualdade de la Xunta de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Ti tamén podes axudarnos con isto asociándote a Ecos do Sur.¡Únete a nos!
Primeira edición: 2007
Edición actual: 2025
