5 · 08 · 26 | Noticias

Presentamos a nova guía para a participación narrativa

Estamos a presenciar unha onda de violencia sen precedentes contra grupos aos que historicamente se lles negaron os seus dereitos, como as persoas migrantes

Cando as narrativas de odio silencian as persoas, as historias alzan a voz. Estas constitúen a infraestrutura da memoria: as historias, as relacións e os arquivos nos que se apoian as comunidades cando os discursos discriminatorios ou estereotipados as borran, as distorsionan ou as fan invisibles.

Neste contexto, as historias que nos conectan, nos defenden e nos animan a combater as narrativas prexudiciais sobre as comunidades migrantes son fundamentais para construír un país onde todos nos sintamos na casa e un futuro ao que todos pertenzamos.

En Ecos do Sur levamos varios anos traballando na innovación narrativa para o cambio social. Facémolo partindo da convicción de que, para que os dereitos avancen, as persoas obxecto de odio deben gañar poder narrativo, construír as súas propias historias alternativas e participar nos debates sociais propoñendo visións que nos permitan imaxinar un futuro compartido.

A Guía de participación narrativa baséase na nosa experiencia no Laboratorio de Narrativa e Memoria Migrante, onde centos de persoas se formaron en diversas técnicas para interactuar con narrativas públicas, como a escritura, a recollida de testemuños orais e a fotografía. Nela atoparás exercicios e actividades para replicar algunhas das experiencias do Laboratorio, así como información sobre as mellores prácticas neste eido que están a marcar a diferenza en todo o mundo. Podes descargala aquí.

Este material forma parte do proxecto CibeRespect , financiado pola Consellería de Política Social, e de ODiSeIA , que conta co apoio da Cooperación Galega.