11 · 06 · 26 | Noticias

VIII gala de danza benéfica

Volve o espectáculo benéfico de Ecos do Sur co talento de Angelina Masud, Eva Domínguez e Gamal Aboegela.

A temática da gala benéfica deste ano é a mitoloxía ancestral galega. Baixo o título Terra de Mouras, o 3 de xullo ás 19.30 horas se poderá desfrutar dun espectáculo de danzas do Medio Oriente e fantasía inspirado nas mouras, unhas fermosas criaturas fantásticas do folclore galaico-portugués que habitaban a natureza e guardaban tesouros coas súas danzas, cancións e maxia.

Preto de 40 bailarinas en escena baixo a dirección da bailarina e coreógrafa, Angelina Masud, crearán a maxia nesta edición na que contaremos coa participación especial de Eva Domínguez e Meigas Tribal. E ademáis co bailarín e coreógrafo exipcio Gamal Aboegela e a súa compañía.

As entradas funcionan coma un donativo e xa se poden mercar en AtaquillaOs beneficios serán destinados aos proxectos que Ecos do Sur desenvolve en A Coruña. Cada ano atendemos a miles de persoas para lograr unha sociedade diversa, equitativa e orgullosa da súa diversidade.

Se non podes acudir ao evento, podes aportar tamén neste número de conta cunha transferencia:

ES77 2100 2725 2102 0011 5114
Ou facer un bizum solidario ao 02404

Este show é posible tamén grazas á colaboración do IMCE do Concello de A Coruña que cede espazo do Forum Metropolitano.


3 de xullo de 2026
19.30 horas
Auditorio do Fórum Metropolitano
Precio donativo: 10€ miás custos de xestión