18 · 08 · 26 | Noticias

Entrénate fronte ao discurso de odio e a discriminación

Novos cursos gratuítos a través de WhatsApp e Telegram.

Atopamos discurso de odio, bulos e discriminación cada día, en todas partes. Acotío nos gustaría facer algo, pero non sabemos por onde empezar! En Ecos do Sur queremos axudarte. Descubrirás que existen estratexias e recursos ao teu alcance. Cantas máis persoas os coñezamos e os usemos, máis preto estaremos de terminar co odio e a discriminación.

Por iso, invitámoste a participar nos próximos cursos en formato mensaxe de texto, que se desenvolven a través de WhatsApp e Telegram:

  • Curso 1: Discurso de odio, bulos e algoritmos nas redes sociais. Do 2 ao14 de outubro. Aprenderás a elixirla mellor estratexia de resposta cando atopes contidos de odio en internet. Ademáis, entenderás como as IAs poden amplificar o dano deses contidos, e que podes facer para evitalo. Está enfocado a: persoas usuarias de redes sociais, defensoras de dereitos, activistas, persoas pertencentes a colectivos atacados en redes sociais (migrantes, mulleres, LGTBIQ+, etc).
  • Curso 2: Discriminación e delitos de odio: Que facer se son vítima ou testemuña? Do 15 ao 23 de outubro. Coñecerás como identificar os casos de discriminación e delito de odio e os recursos que están a túa disposición para denunciar de forma segura. Está enfocado a: persoas obxecto de discriminación, defensoras de dereitos, activistas, persoas pertencentes a colectivos atacados (migrantes, mulleres, LGTBIQ+, etc), persoas interesadas en protexer a vítimas de odio.
  • Curso 3: Protéxete dos ataques extremistas: estratexias para persoas defensoras de dereitos. Do 26 de outubro ao 4 de novembro. Descubrirás quen está detrás de y como opera o descrédito ás organizacións de Dereitos Humanos. Aprenderás estratexias de autoprotección e denuncia fronte agresións e coñecerás as mellores ferramentas para restar impacto a campañas de desinformación e difamación. Está dirixido a: activistas, defensoras de dereitos e profesionais con proxección pública (xornalistas, persoas que traballan ou colaboran con organizacións e movementos sociais, etc.).

Como funcionan os cursos por mensaxe de texto?

Moi sinxelo: ti súmaste a un canle de WhatsApp ou Telegram, segundo prefiras, y nós enviamos cada día o contido do curso a través desa canle. Información en formato texto que recibirás directamente no teu smartphone, acompañada de ligazóns, infografías e manuais de ampliación. Non tes que te conectar a horas concretas, o contido permanecerá na canle para que o consultes cando queiras e ao teu ritmo.

Al finalizar el curso podrás solicitar un certificado que acredite tu participación.

Como me apunto?

Soamente tes que te rexistrar a través deste formulario ata o 30 de setembro. Antes do inicio do curso contactaremos contigo a través de mail para facilitarche aligazón de acceso á canle que escolleras.

—-

Esta iniciativa forma parte dos proxectos CibeRespect LINK VI, Abriendo Hilo, ODiSeIA, Tetuán No Calla e Empowerment Through Represntation, que contan co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, Ministerio de Igualdad, Cooperación Galega, Ayuntamiento de Madrid e a Unión Europea.