Igualdade, oportunidades e participación
Facémolo con honestidade, independencia e coraxe.
Grazas ao apoio de socios, doadores e institucións creamos solucións innovadoras e audaces para acabar coas desigualdades vinculadas á orixe, á pobreza e ao xénero.
O noso propósito é que todas as persoas poidan aportar os seus talentos nun país máis próspero, xusto e orgulloso da súa diversidade. Defendemos os dereitos das persoas migrantes, en risco de exclusión e especialmente das mulleres vulnerables.
Unha perspectiva expansiva
Apoiamos ás persoas a mellorar as súas vidas e ás organizacións a mellorar a súa acción social. E así, mellorar os nosos barrios e cidades.
Poñemos en xogo un potente equipo de profesionais de Socioloxía, Psicoloxía, Orientación Laboral, Educación, Filoloxía, Traballo Social, Mediación, Dereito e Xornalismo.
Como equipo deseñamos e executamos proxectos interdisciplinares de transformación social. Desde 1991, preto de 20.000 persoas son beneficiarias das nosas actuacións en Galicia e Madrid.
Contigo dende 1991
Traballamos na defensa dos dereitos humanos e a inclusión de persoas migrantes, desempregadas e especialmente mulleres vulnerables. O noso obxectivo é promover a participación, a igualdade de oportunidades e a integración social e laboral.
Dende A Coruña e Madrid traballamos para estender as nosas accións e cumprir os nosos obxectivos en Galicia, no Estado e a nivel internacional.
A historia de Ecos do Sur é a de preto de 20.000 persoas aqueles que apoiamos nos seus esforzos por mellorar as súas vidas, as das súas familias e as dos seus barrios e comunidades.
Misión
Promover a integración e participación na nosa sociedade dos colectivos vulnerables ou en risco de exclusión, así como mellorar as condicións de vida das persoas con menos posibilidades de desenvolvemento, facilitando o acceso aos recursos baixo os preceptos da igualdade de oportunidades.
Visión
Queremos ser unha referencia na creación e execución de accións eficientes e innovadoras de inclusión e cooperación, asumindo un papel activo na transformación social para construír unha sociedade máis cohesionada, comprometida co desenvolvemento sostible e equitativo dende o recoñecemento da súa diversidade.
Valores
Profundo compromiso cos dereitos sociais e humanos.
Coidados baseados en profesionalidade e traballo en equipo.
Independencia na xestión do noso traballo, recursos e relacións.
Transparencia e honestidade.
Innovación constante en novas formas de mellorar a vida das persoas.
Proximidade e cercanía: traballamos localmente para mellorar a todos a sociedade.