Grazas ás formacións que se están a levar a cabo, enmarcadas dentro dos itinerarios que executa a entidade, téndense pontes entre os propietarios de aloxamentos turísticos e as usuarias da ONG, na súa maioría migrantes.
Ecos do Sur e FEGATUR (Federación Galega de Turismo Rural) levaron a cabo unha serie de formacións enfocadas ao desenvolvemento de iniciativas empresariais de aloxamento vinculadas ao medio rural galego.
Esta colaboración é clave para tender pontes entre os propietarios de establecementos de turismo rural e as usuarias da ONG, na súa maioría migrantes que se atopan en situación de procura de emprego, posibilitando contratacións futuras dentro do sector do turismo rural galego.
A formación durará varios días nos que, despois dunha clase nas instalacións de Ecos do Sur, visitaranse as casas rurais de Monfero e Miño (A Coruña) e Vilela ou Palas de Rei (Lugo), onde se coñecerán aos propietarios, que explicarán de primeira man como é a súa día a día e as necesidades que teñen á hora de xestionar os seus negocios.
Francisco Almuiña, presidente de FEGATUR e encargado destas formacións, destaca que “este aprendizaxe trata de achegar dun xeito novidoso, diferente e práctico ou turismo rural e, ou feito de que tanto vos propietarios como as persoas que demandan emprego se coñezan, é unha forma de explorar novas posibilidades de emprego en beneficio mutuo”.