25 · 08 · 26 | Noticias

Ecos do Sur estará en Castelo Conta este sábado 29 de agosto con «Fíos de aquí e acolá»

Este sábado, 29 de agosto, a partir das 13 horas, Ecos do Sur volverá estar presente un ano máis en Castelo Conta, o festival que reúne cultura, música e comunidade en Castelo (Culleredo).

Farao a través de «Fíos de aquí e acolá», unha actividade que invita a achegarse ás historias de migración desde a escoita, a curiosidade e o intercambio. No noso posto, animaremos ás persoas participantes a compartir as súas propias historias de migración e descubrir outras experiencias e relatos, tecendo novos fíos entre diferentes lugares, culturas e traxectorias de vida.

📍 Onde: zona da Taberna (Folgueira)
📅 Cando: sábado, 29 de agosto
🕐 A partir das: 13 horas

Unha oportunidade para atoparnos, conversar e seguir construíndo unha sociedade máis diversa, inclusiva e conectada. A colaboración tamén volverá ter forma de camisola. O Castelo Conta e Ecos do Sur presentarán unha nova edición da camisola solidaria, que estará dispoñible para a súa venda nos stands de merchandising durante as actividades do festival. Próximamente poderá adquirirse tamén a través da tenda en liña de casteloconta.gal. Os beneficios serán destinados aos proxectos sociais que levamos a cabo en Galicia. Agardámosvos en Castelo Conta!