Que podes facer ti para axudar

Ofrecémosche moitas formas de sumar
a esta causa e todas son importantes.

A nosa sociedade necesita un cambio e, para logralo, precisamos xente coma ti.

O teu apoio é esencial para promover unha sociedade máis próspera, xusta e orgullosa da súa diversidade. Podes compartir o noso contido nas redes sociais, unirte aos ciberactivistas contra o odio, facer unha doazón, incluso facer voluntariado e/ou asociarte a Ecos do Sur.

Grazas á vosa implicación podemos dar un futuro ás persoas que escapan da guerra e os conflitos, promover integración social, asistir psicoloxicamente a mulleres supervivintes de trata e malos tratos, crear plans de formación e emprego para rexenerar o rural galego, dar asesoramento en dereitos ás persoas vulnerables, loitar contra o odio e a discriminación.

Asóciache

Asóciate

Temos un soño.

Queremos unha sociedade máis próspera, máis xusta e orgullosa da súa diversidade. Para conseguilo, necesitamos que persoas coma ti apoien o noso traballo. Únete a Ecos do Sur para ser o noso motor de crecemento.

Converte a túa empresa nunha aliada

Converte a túa empresa nunha aliada

Moitas empresas con alma son agora aliadas fundamentais de Ecos do Sur para mellorarmos a vida de moitas persoas.

Axustámonos á túa cultura de empresa. Axenda agora unha cita sen compromiso e elaboraremos contigo unha proposta adaptada á túa empresa.

Converte a túa empresa nunha aliada
Fai un donativo

Fai un donativo

Apoia unha causa específica de forma puntual.

Grazas á túa colaboración, podemos seguir traballando para axudar ás persoas que buscan un futuro mellor nunha verdadeira sociedade de acollida e inclusión orgullosa da súa diversidade.

Tan sinxelo coma enviar a cantidade que queiras ao número Bizum 02404. Un pequeno xesto que impacta na vida de moitas persoas que te necesitan.

Voluntariado

Voluntariado

As persoas voluntarias son o corazón e o motor que impulsa Ecos do Sur.

Son persoas cunha gran empatía que decidiron empregar o seu esforzo para que os nosos proxectos sexan frutíferos e a sociedade sexa inclusiva e diversa. Podes colaborar no desenvolvemento dun proxecto ou servizo, participar no programa de voluntariado e propoñer novas actividades.

Voluntariado

Outras formas de actuar

Faite Ciberactivista

As redes sociais son un medio de influencia social.

A desinformación e os bulos están danando a convivencia. Ecos do Sur loita por cambialo. O activismo persoal e directo é unha das mellores formas de axudar a combater o odio e a discriminación que polarizan a nosa sociedade.

Usa a nosa guía de Ciberactivismo para sumares no lado do cambio.

Asina as nosas causas

A túa sinatura é unha poderosa voz de apoio.

Canta máis xente se sume, máis iniciativas podemos levar a cabo coas entidades públicas.

Para conseguilo son necesarias 500.000 sinaturas autorizadas.

O fito máis recente: Iniciativa de Lei Popular para a regularización de medio millón de persoas.

Sensibilización e difusión

Charlas, obradoiros, conferencias e eventos.

Podemos organizar estes actos no teu centro educativo, de traballo ou na túa entidade. Adaptámonos ás túas necesidades informativas e ofrecémosche actividades para contribuír á transformación social.

Marca a X solidaria

Marca a caixa 106 na súa declaración da renda.

Moitos dos nosos proxectos son posibles grazas ao financiamento de doazóns a través do IRPF. A túa declaración non será modificada en absoluto e é compatible coa caixa de solidariedade da Igrexa.

A túa herdanza solidaria

Un testamento solidario por conseguir unha sociedade máis xusta, próspera e orgullosa da súa diversidade é unha forma de seguir loitando para logralo cando xa non estás.

Podes incluír unha ou varias ONG no teu testamento, xa sexa deixando un ben concreto (legado), unha herdanza ou unha porcentaxe dela. Con este sinxelo xesto pódese marcar a diferenza e non prexudica á parte correspondente dos herdeiros forzosos.

Tes algunha pregunta?

Resolvemos as túas dúbidas