Co Programa Integrado de Emprego de Galicia desenvolvido pola asociación Ecos do Sur poderás impulsar as túas oportunidades laborais.
Para quen
Podes participar no programa se es unha persoa desempregada inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia e residente na Coruña ou área metropolitana (Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Betanzos, Bergondo, Carral, Abegondo e Sada). Ademais, debes cumplir con unha destas condicións:
- Estar en desemprego de longa duración
- Percibir a RISGA
- Ter máis de 52 anos
- Ser muller
- Ser migrante
Que ofrecemos
- Atención individualizada: diagnóstico, itinerario, orientación e seguemento
- Accións grupais: formación, simulación de entrevistas, networking con empresas…
- Accións transversais: prospección e intermediación laboral, prácticas profesionais, coordinación con servizos de emprego.
- Bolsas por asistencia (10€/día)
- Servizo de conciliación
- Axuste e flexibilidade horaria
- Beneficios complementarios
Formación para o teu futuro
Consulta na táboa todos os cursos que ofrecemos gratuítamente.
Apúntate axiña, soamente temos 100 prazas!
Podes solicitar máis información no Servizo de Emprego de Ecos do Sur:
☎ 604 01 75 60 (Rosa) / 604 06 42 61 (Susana)
✉ programasintegrados@ecosdosur.org
| Formación | Cursos | Horas |
|---|---|---|
| Loxística industrial | Xestión Loxística | 150 |
| Condución de carretilla elevadora
|
20
|
|
| Atención sociosanitaria e coidados |
Atención sociosanitaria a persoas dependentes con Alzheimer ou outras demencias en institución sociais | 100 |
| Intervención do emprego doméstico no coidado de persoas maiores | 80 | |
| Abordaxe profesional na atención a pacientes dependentes | 100 | |
| Técnicas básicas de asistencia a persoas en saúde mental | 40 | |
| Acondicionamento físico para a terceira idade
|
50
|
|
| Hostalaría e turismo | Servizo en restaurantes e bares | 30 |
| Elaboracións básicas de cociña
|
40
|
|
| Industria TIC | Intelixencia artificial aplicada á empresa | 280 |
| Xestión de contidos dixitais
|
60
|
|
| Tarxetas profesionais
|
Tarxeta profesional do metal
|
20
|
| Carnés profesionais | Mariñeiro-pescador | 50 |
| Manipulación de alimentos | 5 |
O programa Integrado de Emprego de Ecos do Sur 2025-26 está financiado con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e fondos finalistas do Servizo Público de Emprego Estatal, e ten un obxectivo de inserción do 40%.

