Ecos do Sur e algúns dos proxectos emprendedores de usuarios e usuarias estiveron presentes na feira do Mercado de San Agustín con motivo do I Encontro de Emprendimiento da Coruña organizado polo Concello.
A xornada contou coa participación de diversas institucións, como a Universidade da Coruña, a Asociación de Novos Empresarios, a Fundación Ronsel e Ecos do Sur.
Os proxectos contaron con casetas para expor as súas ideas emprendedoras e o espazo estivo aberto ao público. Tamén tiveron a oportunidade de facer networking e coñecer a outras persoas emprendedoras e os seus proxectos en curso.
A xornada contou con charlas sobre o camiño de emprender e testemuños de persoas que xa o percorreron. Durante a comida tivemos a oportunidade de crear redes coas persoas asistentes.
