Comunidades vibrantes
e orgullosas da súa diversidade
Por unha sociedade dialogante na que nos
une o respecto e a diversidade enriquécenos.
O problema
A sucesión de crises económicas, os discursos de odio e a polarización están a facer retroceder avances sociais que nos custou moito lograr. A paz, a igualdade e a xustiza están en perigo.
Por que é importante
Unha democracia sa necesita que a coidemos cada día, e ese papel corresponde á cidadanía e aos movementos sociais. Con información, diálogo e participación avanzamos en dereitos.
Solucións
Creamos oportunidades de participación e diálogo para que a cidadanía e as institucións traballen xuntas fronte á discriminación e a violencia. Facémolo a través do voluntariado, a sensibilización, o estímulo do activismo e a loita contra o discurso de odio.
Vitorias
Estes proxectos alentan o respecto e a cohesión sociaL As persoas involucradas actúan por unha repartición igualitaria do poder, os privilexios e os dereitos.
proxectos
de activación ao ano
persoas
involucradas que participan do respecto e a cohesión social